bonanza

bonanza

lat v *bonacia ‘calma’, formado sobre o lat bonus por oposición a malacia ‘calmeiro’

  1. f

    Estado de calma no mar ou no tempo que resulta propicio para a navegación.

  2. f

    Tempo meteorolóxico de temperatura suave, sereno e tranquilo.

  3. f

    Situación de prosperidade económica ou social.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A bonanza económica fixo diminuír o desemprego
  • No mes de setembro xa non teremos tanta bonanza
  • Non creo que se incomode por algo tan nimio porque sempre toma as cousas con moita bonanza
  • Os veleiros aproveitaron a bonanza para facerse ao mar