levantar

< levante, antigo p activo de levar
  1. v t
    1. Mover algo ou a alguén cara a arriba, ou poñelo nun lugar máis alto.
    2. Dirixir algo cara a arriba.
  2. v t
    1. Poñer algo ou alguén dereito ou en posición vertical.
    2. Pór algo ou a alguén de pé. Tm v pron.
    3. Facer que alguén saia da cama.
    4. Separar unha cousa do que está unida ou pegada. Tm v pron.
  3. v t
    1. Construír un edificio ou unha obra.
    2. Deseñar proxectos, planos ou mapas.
    3. Fundar ou levar adiante algo.
  4. v t Provocar un determinado efecto.
  5. v t Facer algo máis intenso ou incrementar algo.
  6. v t Facer que a caza saia da súa gorida ou agocho.
  7. v t Desmantelar unha cousa.
  8. v t Anular ou deixar algo sen efecto.
  9. v t Suscitar algo.
  10. v t Redactar un documento co fin de que quede constancia dun feito, dun acordo ou dunha manifestación de vontade.
  11. v t Proporcionar máis forza ao ánimo ou ao valor de alguén.
  12. v t Facer que alguén se rebele contra algo ou alguén.
  13. v t fig Axudar a alguén nunha situación.
  14. v i Deixar de chover ou mellorar o tempo.
  15. v pron Moverse cara a arriba.
  16. v pron Elevarse ou sobresaír sobre unha superficie.
  17. v pron Saír alguén da cama.
  18. v pron Deixar algo de estar pegado ou unido a algo.
  19. v pron Comezar a aparecer algo.
  20. v pron Comezar a facer vento ou a axitarse o mar.
  21. v pron fig Rebelarse alguén contra algunha autoridade.
  22. levantar áncoras MAR Recoller un barco as áncoras para comezar a navegar.
  23. levantar voo Separarse un aparato de aviación do chan ou do mar ao comezar o voo.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A falta de alimentos levantou a poboación
  • A torre da catedral levantábase maxestosa sobre os tellados
  • En canto levante un pouco o día sairemos de paseo
  • Foi chegar ao monte e o can xa lle levantou catro coellos
  • Foi o seu sogro quen os levantou cando estaban empeñados
  • Levanta a man cando queiras falar, Para mover a cadeira levántaa, non a arrastres, Levantou a saia ata o xeonllo, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Levanta por esa esquina que vai caer ao chan
  • Levanta a teu pai que xa son horas de ir ao traballo
  • Levanta esa roseira que dobrou o vento, Levanta a nena, que xa volveu caer
  • Levanta o adhesivo con coidado para que non rompa
  • Levantaron a parede nunhas poucas horas
  • Levantaron a prohibición de viaxar a ese país
  • Levantaron o campamento e continuaron a expedición
  • Levantáronse as baldosas da cociña
  • Levantáronse en armas contra o dictador
  • Levantáronse rumores de que haberá un cambio de goberno
  • Levantou os ollos ao ceo
  • Levantou un imperio comercial, Entre os dous levantaron unha magnífica familia
  • Non fai falta que me levantes a voz
  • O notario levantou acta do acontecido
  • Ó pasar o coche levantáronse as follas caídas
  • Os zapatos novos levantáronlle ampolas nos pés, A súa proposta para o cargo levantou moitas suspicacias
  • Se te levantas cólleme un refresco da neveira
  • Uns individuos descoñecidos levantaron sospeitas entre os veciños
  • Vou velo, a ver se lle levanto un pouco a moral

Frases feitas

  • Levantar a carne. Sacar a carne do sal.
  • Levantar a carne. Sacar a carne do sal.
  • Levantar a eira. Recoller o gran.
  • Levantar a eira. Recoller o gran.
  • Levantar a lebre. Descubrir algo que estaba oculto.
  • Levantar a lebre. Descubrir algo que estaba oculto.
  • Levantar cabeza. Recuperarse dunha situaci
  • Levantar cabeza. Recuperarse dunha situaci
  • Levantarse o leite. Deixar de dar leite.
  • Levantarse o leite. Deixar de dar leite.
  • 2 Pegar a algu
  • 2 Pegar a algu
  • Levantar as patacas. Recoller as patacas.
  • Levantar as patacas. Recoller as patacas.

Formas incorrectas

despegar (unha aeronave)
Verbo: levantar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

levanto

levantas

levanta

levantamos

levantades

levantan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

levantaba

levantabas

levantaba

levantabamos

levantabades

levantaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

levantei

levantaches

levantou

levantamos

levantastes

levantaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

levantara

levantaras

levantara

levantaramos

levantarades

levantaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

levantarei

levantarás

levantará

levantaremos

levantaredes

levantarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

levantaría

levantarías

levantaría

levantariamos

levantariades

levantarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

levante

levantes

levante

levantemos

levantedes

levanten

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

levantase

levantases

levantase

levantasemos

levantasedes

levantasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

levantar

levantares

levantar

levantarmos

levantardes

levantaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

levanta

-

-

levantade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

levantar

levantares

levantar

levantarmos

levantardes

levantaren

Xerundio

levantando

Participio

levantado

levantada

levantados

levantadas