aspiración

< lat aspirāre ‘botar o alento’
Plural: aspiracións
  1. s f Acción e efecto de aspirar.
  2. s f Esperanza de acadar algunha cousa.
  3. s f FÍS/TECNOL Nos motores térmicos alternativos, acción de aspirar o aire ou a mestura de combustible cara ao interior do cilindro, polo efecto de sución que provocan os émbolos dos pistóns.
  4. s f LING Característica fundamental dalgúns fonemas.
  5. aspiración diastólica FISIOL Fenómeno polo que os ventrículos do corazón se enchen pasivamente de sangue durante a diástole.
  6. nivel de aspiracións PSIC Nivel ideal que se desexaría alcanzar para a satisfacción das necesidades e desexos.

Antónimos

Confrontacións

Citas

  • A aspiración do enfermo era moi traballosa
  • A súa máxima aspiración era chegar á cima do Everest