sfFISIOLFunción dos animais mediante a que conseguen osíxeno, coa finalidade de transportalo ás células, onde será utilizado para a respiracióninterna, e eliminan o dióxido de carbono producido.
sfEntrada e saída libre do aire nos espazos cerrados.
respiración artificialFISIOL/MEDRespiración que se efectúa, manualmente ou mediante aparatos, cando se interrompe a actividade espontánea do aparato respiratorio.
respiración internaBIOLConxunto de funcións dun organismo que conducen á obtención da enerxía necesaria para cumprir as súas funcións vitais, mediante a oxidación (deshidroxenación) total ou parcial das moléculas orgánicas desde todas as células.