inspiración

< lat inspiratĭōne
Plural: inspiracións
  1. s f Acción de coller aire nos pulmóns.
  2. s f Acción de inspirarse.
  3. s f Impulso creador que se manifesta de forma inesperada.
  4. s f Idea ou pensamento que xorde de forma espontánea.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A inspiración é un acto reflexo
  • A inspiración para o cadro tívoa durante a noite
  • Compuxo un poema de inspiración renacentista
  • Concibiu a obra teatral nun momento de inspiración