ilusión

< lat ilusĭōne
Plural: ilusións
  1. s f
    1. Alegría que se experimenta coa esperanza da realización dalgunha cousa agradable.
    2. Esperanza sen fundamento real.
  2. s f FILOS/PSIC
    1. Erro de percepción, de xuízo ou de razoamento que é provocado por unha aparencia.
    2. Erro de interpretación dun dato ou contido sensible ou mental.
  3. ilusión monetaria ECON Recoñecemento subxectivo da estabilidade do valor do diñeiro sen ter en conta as variacións do seu poder adquisitivo.
  4. ilusión óptica FISIOL/FÍS Fenómeno óptico que consiste nunha percepción errónea das formas e das dimensións dun obxecto, debido á mala interpretación das imaxes que chegan aos ollos.

Citas

  • Os cativos esperaban con ilusión a chegada das vacacións de Nadal
  • Viviu toda a vida de ilusións