mostra

< mostrar
Plural: mostras
  1. s f
    1. Porción ou unidade dalgunha cousa, especialmente dunha mercadoría, que se mostra para facer coñecer a súa calidade.
    2. FÍS/QUÍM/TECNOL Anaco ou pequena cantidade dun material que se utiliza para analizalo ou determinar as súas propiedades.
    3. MAT Porción finita dunha poboación que é utilizada para extrapolar conclusións sobre diversas características da poboación total.
    4. ECON Signo convencional que se pon nunha tenda ou comercio para indicar aquilo que se vende.
  2. s f Proba ou sinal que dá coñecemento de algo.
  3. s f Acción de mostrar.
  4. s f Exposición de obxectos ou produtos.
  5. s f Cousa que se emprega como modelo para un traballo.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Fixeron unha mostra do seu funcionamento
  • Non había mostras de que se quixesen reconciliar
  • Veñen de visitar a feira de mostras

Palabras veciñas