mostraxe

< mostrar
Plural: mostraxes
  1. s f MAT Procedemento que consiste na elección ao azar dunha mostra dunha poboación, co fin de sacar conclusións sobre os individuos que compoñen esta poboación.
  2. s f FÍS/QUÍM/TECNOL Operación de análise que consiste en escoller mostras representativas das calidades e a composición media da totalidade da mostra.
  3. s f Colección de mostras de mercadorías que lle ofrece un fabricante ou un comerciante ao cliente.

Palabras veciñas