sinal

< lat signāle
Plural: sinais
    1. s m Indicación ou aviso óptico, acústico ou doutra natureza, codificado ou non, que serve para anunciar ou advertir algunha cousa, dar ordes, transmitir mensaxes ou informacións.
    2. sinal de circulación TRANSP Indicativo que nunha estrada, rúa ou cruzamento, serve para regular o tránsito ou para advertir aos condutores de algo.
  1. s m Marca ou cicatriz que deixa unha ferida.
  2. s m Aceno que se lle fai a alguén para indicar algo.
  3. s m ECON Cantidade que se dá como garantía do pagamento total.