demostración

< lat demonstratĭōne
Plural: demostracións
  1. s f Argumento ou cousa que demostra a veracidade de algo.
  2. s f Exhibición de algo, especialmente habilidades físicas ou funcionamento de obxectos.
  3. s f FILOS Razoamento polo que se reducen proposicións que non teñen un fundamento claro, a verdades evidentes ou xa demostradas, mediante a aplicación dunhas determinadas regras lóxicas.

Confrontacións

Citas

  • As súas palabras son a demostración evidente do noso acerto, A axuda que lles presta aos pobres é unha demostración de cooperación
  • Diante de todos fixo unha demostración de forza que foi espectacular
  • Fixo unha demostración da súa paciencia ante unha audiencia exaltada