frade

< lat fratre ‘irmán’
Plural: frades
  1. RELIX
    1. s m Relixioso que pertence a certas ordes, especialmente ás mendicantes.
    2. frade de breviario/frade de misa e ola Frade que se dedica ao servizo do altar e do coro, pero non á predicación e o ensino.
    3. frade leigo Frade que non ten ordes sagradas e adoita facer servizos inferiores.
    4. frade menor Franciscano menor.
    5. frade negro Nome que recibían antigamente os monxes bieitos.
  2. s m Grumo que se fai na papa cando non se desfai a fariña.

Sinónimos

Refráns

  • Vale máis volta de chave que consello de frade.