fraga

< lat fraga ‘lugar escarpado e con maleza’, de fragōsu
Plural: fragas
  1. s f Extensión de monte, xeralmente illado e de difícil acceso, poboado de árbores de folla caduca, plantas herbáceas, mofos e liques e onde convive gran diversidade de fauna.
  2. s f Extensión grande de terreo onde medran espontaneamente árbores e arbustos.
  3. s f Terreo de difícil acceso, cheo de penedos e desniveis moi pronunciados.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Foron buscar un pouco de leña á fraga