descansar

< des- + cansar
  1. v i Interromper unha actividade para facer desaparecer o cansazo.
  2. v i Estar sen traballar.
  3. v i Durmir, referíndose á sesta.
  4. v i Xacer no sepulcro.
  5. v i Recuperarse a terra durante o tempo que non se traballa.
  6. v i Deixar de estar atormentado por unha dor ou preocupación.
  7. v i Ter algunha cousa a súa base en algo.
  8. v t Facer algo que desapareza o cansazo do corpo ou dunha parte del. Tm abs.
  9. v t Deixar de facer traballar un membro do corpo ou unha máquina.
  10. v t Delegar traballos ou obrigacións en alguén.
  11. v t Apoiar algo sobre unha cousa que o sosteña.
  12. v t Axudar a alguén quitándolle traballo.

Confrontacións

Citas

  • A bóveda descansa en dúas columnas
  • A súa teoría descansa sobre coñecementos sólidos
  • De todos os irmáns a súa nai sempre descansa nel
  • Descansa de vez en cando o brazo se queres que che cure
  • Descansa no fillo parte do seu traballo
  • Descansa un pouco a escaleira na parede, Descansou a cabeza na man
  • Esas gafas descánsanlle a vista, OBS: Nalgúns contextos omítese o complemento e adquire valor absoluto, Un baño descansa moito
  • Gústalle descansar media hora despois do xantar
  • O carro descansaba na eira dende que morrera o amo, Os libros descansan hai tempo nun dos andeis da biblioteca
  • O defunto descansa xa no cemiterio da súa terra natal
  • Os bombeiros traballan dous días e descansan tres
  • Se non descansas de vez en cando, mañá terás maniotas
  • Só descansei cando paguei todas as miñas débedas
  • Ten un secretario que o descansa moito
  • Vale a pena deixar que descansen as leiras para logo ter mellores colleitas
Verbo: descansar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

descanso

descansas

descansa

descansamos

descansades

descansan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

descansaba

descansabas

descansaba

descansabamos

descansabades

descansaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

descansei

descansaches

descansou

descansamos

descansastes

descansaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

descansara

descansaras

descansara

descansaramos

descansarades

descansaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

descansarei

descansarás

descansará

descansaremos

descansaredes

descansarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

descansaría

descansarías

descansaría

descansariamos

descansariades

descansarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

descanse

descanses

descanse

descansemos

descansedes

descansen

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

descansase

descansases

descansase

descansasemos

descansasedes

descansasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

descansar

descansares

descansar

descansarmos

descansardes

descansaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

descansa

-

-

descansade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

descansar

descansares

descansar

descansarmos

descansardes

descansaren

Xerundio

descansando

Participio

descansado

descansada

descansados

descansadas