sfParentesco, proximidade ou achegamento entre cousas que concordan.
sfDERParentesco que, por consecuencia do matrimonio, se orixina entre cada cónxuxe e os parentes por consanguinidade do outro.
sfMATTransformación do espazo afín en si mesmo, que fai corresponder liñas paralelas con liñas paralelas, puntos propios con puntos propios e non cambia o subespazo do infinito.
sfQUÍM/FÍSTendencia dunha mestura de substancias a reaccionar quimicamente. Mídese pola diminución da enerxíalibredeGibbs que provoca a reacción, a temperatura e a presión constantes.
afinidade biolóxicaBIOLAtracción sexual existente entre dúas especies diferentes.
afinidade electrónicaFÍS/QUÍMTendencia que manifesta un átomo a gañar electróns, medida pola enerxía da reacción.
afinidade morbosaPATAfinidade entre dúas ou máis doenzas que poden coexistir ou sucederse debido a que unha facilita a aparición da outra.