afinidade

< lat affinĭtāte ‘veciñanza’
Pliral: afinidades
  1. s f Parentesco, proximidade ou achegamento entre cousas que concordan.
  2. s f DER Parentesco que, por consecuencia do matrimonio, se orixina entre cada cónxuxe e os parentes por consanguinidade do outro.
  3. s f MAT Transformación do espazo afín en si mesmo, que fai corresponder liñas paralelas con liñas paralelas, puntos propios con puntos propios e non cambia o subespazo do infinito.
  4. s f QUÍM/FÍS Tendencia dunha mestura de substancias a reaccionar quimicamente. Mídese pola diminución da enerxía libre de Gibbs que provoca a reacción, a temperatura e a presión constantes.
  5. afinidade biolóxica BIOL Atracción sexual existente entre dúas especies diferentes.
  6. afinidade electrónica FÍS/QUÍM Tendencia que manifesta un átomo a gañar electróns, medida pola enerxía da reacción.
  7. afinidade morbosa PAT Afinidade entre dúas ou máis doenzas que poden coexistir ou sucederse debido a que unha facilita a aparición da outra.

Citas

  • A mula é o resultado da afinidade biolóxica entre o cabalo e o burro
  • Todas as especies dunha mesma familia presentan moita afinidade entre elas, Existe unha grande afinidade entre ambos estilos de música