simpatía

< lat simpathĭa gr συμπάθεια ‘comunidade de sentimentos’
Plural: simpatías
  1. s f Inclinación instintiva que atrae unha persoa cara a outra.
  2. s f Maneira de ser e carácter dunha persoa que a fan atractiva ou agradable ante outras.
  3. s f FILOS Sentimento ou estado afectivo que consiste no feito de participar nos estados afectivos dos outros.
  4. s f MED
    1. Relación que existe entre o corpo e a mente, pola que ambos se inflúen mutuamente.
    2. Influencia morbosa producida nun órgano ou nunha parte por enfermidade ou alteración doutro.
    3. Influencia transmitida dun individuo a outro por imitación.
  5. s f FÍS Fenómeno polo que un ser reproduce por influencia ou por imitación as modificacións doutro ser.