colgar

< lat collocāre ‘colocar’
  1. v t Colocar algo ou a alguén de xeito que se sosteña sen apoiar a súa parte inferior. Tm v pron.
  2. v t Matar a alguén suspendéndoo polo pescozo. Tm v pron.
  3. v t Cortar a comunicación telefónica colocando o auricular no seu soporte.
  4. v i Estar algo ou alguén suxeito nun sitio por unha parte quedando libre pola inferior.
  5. v pron col INFORM Bloquearse o funcionamento dun ordenador.

Antónimos

Citas

  • Cando se colgue o ordenador apágao e volve acendelo
  • Cando te chame, colga o auricular, OBS: O complemento pode ser a persoa coa que se fala e nese caso o verbo adquire réxime intransitivo Colgueille e non o quixen escoitar máis
  • Colga o abrigo nesa percha, Os niños dalgúns paxaros colgan das árbores
  • Colgáronlle o asasinato a un pobre inocente
  • Colgou nas paredes do salón as colgaduras que lle regalaran
  • Colgou os hábitos (a vida relixiosa), Colgou as botas (o fútbol)
  • Colgueime das varandas para poder pasar dun piso a outro
  • Esa saia cólgache un pouco pola dereita
  • No século XIX colgaban os ladróns de gando sen xuízo previo
  • O pobre colgouse porque estaba aburrido da vida
  • Sentou no bordo do balcón e colgábanlle as pernas, A bandeira colga dunha hasta metálica
Verbo: colgar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

colgo

colgas

colga

colgamos

colgades

colgan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

colgaba

colgabas

colgaba

colgabamos

colgabades

colgaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

colguei

colgaches

colgou

colgamos

colgastes

colgaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

colgara

colgaras

colgara

colgaramos

colgarades

colgaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

colgarei

colgarás

colgará

colgaremos

colgaredes

colgarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

colgaría

colgarías

colgaría

colgariamos

colgariades

colgarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

colgue

colgues

colgue

colguemos

colguedes

colguen

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

colgase

colgases

colgase

colgasemos

colgasedes

colgasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

colgar

colgares

colgar

colgarmos

colgardes

colgaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

colga

-

-

colgade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

colgar

colgares

colgar

colgarmos

colgardes

colgaren

Xerundio

colgando

Participio

colgado

colgada

colgados

colgadas