cargar

< lat v carricāre lat carru ‘carro’
  1. v t
    1. Colocar mercadorías ou calquera obxecto sobre unha persoa, un animal ou un vehículo para o seu transporte.
    2. Encher un vehículo de obxectos ou mercadorías.
  2. v t
    1. Introducir nun instrumento unha carga para que funcione.
    2. BÉL Introducir pólvora, cartuchos ou calquera munición nunha arma de fogo.
    3. IMAX Colocar a película nunha cámara fotográfica ou cinematográfica.
    4. INFORM Almacenar un programa informático na memoria principal dun ordenador para poder executalo.
    5. QUÍM/IND Incorporar a un produto unha materia de carga.
    6. TECNOL Subministrar electricidade a un condensador.
  3. v t Facer que alguén soporte un peso, unha responsabilidade, un castigo ou unha obriga.
  4. v t ECON
    1. Anotar un gasto no débito dunha conta.
    2. Engadir unha cantidade de diñeiro ao prezo dun produto.
  5. v t MAR Cerrar ou recoller as velas.
  6. v t   Suspender un exame. Tm
  7. v i Aguantar ou transportar un peso ou unha carga.
  8. v i Asumir o peso dunha responsabilidade, unha obriga ou unha culpa.
  9. v i Apoiarse sobre algo ou alguén para que ocupe menos espazo ou se desprace do lugar que ocupa.
  10. v i Facer presión sobre algo.
  11. v i Chover de forma abundante.
  12. v i Dar unha árbore froito abundante.
  13. v i BÉL Emprender un ataque ou carga, acometer contra o inimigo ou contra unha multitude.

Antónimos

Citas

  • A bóveda carga sobre os arcos
  • A cabalería cargou sobre o flanco dereito
  • A policía cargou contra os manifestantes
  • As palabras agudas cargan sempre na última sílaba, Era francés e ao falar cargaba no erre
  • As paredes cargan con todo o peso do edificio
  • Cargaches tanto o guiso de especias que me ardeu a gorxa toda a noite
  • Cárgalle ao interruptor para ter luz, Carga ben a roupa para que caiba ben no caixón
  • Cárgame a pluma estilográfica de tinta
  • Cargamos os acios en canastras para subilos ao tractor
  • Cargoume a min o traballo del e logo atribuíuse o mérito
  • Carguei o teléfono móbil durante a noite e xa non funciona
  • Co fume dos puros cargouse o ambiente, Ponme un combinado e cárgao ben de ron
  • Colle este disquete e carga o programa de contabilidade
  • De repente cargouse o ceo e parecía noite
  • Deixa que xa cargo eu con esta caixa
  • É unha pena que casara tan nova e se cargase de fillos
  • En xuño carguei catro materias, Neste exame cargou case toda a clase
  • Entre os dous cargaron o camión nun momento
  • Este ano cargaron máis os pexegueiros có pasado
  • Eu cárgoche o tres para que ganes, Cárgalle, que a baza vai nosa
  • Hoxe o vento cargou moito por Vigo
  • Leva a cámara a revelar e que cha carguen cun carrete novo
  • O carro carga á dereita, Cargou o nordés cara ao peirao
  • O defensa cargou sobre o dianteiro para evitar o gol
  • Os recibos do teléfono cárganmos directamente na conta
  • Polo día non choveu, pero ao chegar a noite cargou con forza
  • Se cargas a escopeta, ponlle o seguro
  • Se che levan os mobles á casa, cárganche os gastos de transporte
  • Sempre carga coas culpas dos demais

Frases feitas

  • Cargar a man. 1 Reprimir a algu
  • Cargar ben a man. Tirar proveito ou abusar de algu
  • Cargar de alga. Encherse de algas os aparellos de pesca a causa do mal tempo.
  • Cargar o carro. 1 Beber demasiado. 2 Deixar embarazada a unha muller.
Verbo: cargar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cargo

cargas

carga

cargamos

cargades

cargan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cargaba

cargabas

cargaba

cargabamos

cargabades

cargaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

carguei

cargaches

cargou

cargamos

cargastes

cargaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cargara

cargaras

cargara

cargaramos

cargarades

cargaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cargarei

cargarás

cargará

cargaremos

cargaredes

cargarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cargaría

cargarías

cargaría

cargariamos

cargariades

cargarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cargue

cargues

cargue

carguemos

carguedes

carguen

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cargase

cargases

cargase

cargasemos

cargasedes

cargasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cargar

cargares

cargar

cargarmos

cargardes

cargaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

carga

-

-

cargade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

cargar

cargares

cargar

cargarmos

cargardes

cargaren

Xerundio

cargando

Participio

cargado

cargada

cargados

cargadas