Local circular fixo ou ambulante, con bancadas para os espectadores, onde se executan diversos espectáculos e exhibicións.
Conxunto de exercicios executados nun espectáculo circense.
Conxunto de artistas e elementos que forman parte do espectáculo circense.
smHIST/ARTEEdificio da antiga Roma dedicado ao espectáculo de carreiras de carros lixeiros e formado por un rectángulo alongado (arena) dividido, lonxitudinalmente por un muro baixo (spina) decorado e tres sinais cónicos (meta). Arredor estaban as bancadas coa tribuna presidencial.
smFigura con forma de circunferencia.
smLuz que rodea a Lúa ou o Sol. OBS: Tamén se denomina circodaLúa ou circodoSol.
circo glaciarXEOGForma erosiva do relevo, resultado da acción glaciaria que presenta unha forma de conca semicircular, dominada por paredes abruptas.
circo lunarXEOLForma de relevo característica da superficie lunar que presenta unha estrutura circular, co sector central deprimido e coas marxes máis ou menos elevadas. OBS: A miúdo recibe o nome de cráterlunar.