circón

< ár zarqūn persa zargun ‘dourado’
Plural: circóns
  1. s m MINERAL Silicato de circonio que cristaliza no sistema tetragonal, de cor marrón ou avermellada, pero tamén pode ser incoloro, gris, verde ou violeta. Algunhas variedades empréganse en xoiaría.