circo

< lat circu
Pliral: circos
  1. s m ESPECT
    1. Local circular fixo ou ambulante, con bancadas para os espectadores, onde se executan diversos espectáculos e exhibicións.
    2. Conxunto de exercicios executados nun espectáculo circense.
    3. Conxunto de artistas e elementos que forman parte do espectáculo circense.
  2. s m HIST/ARTE Edificio da antiga Roma dedicado ao espectáculo de carreiras de carros lixeiros e formado por un rectángulo alongado (arena) dividido, lonxitudinalmente por un muro baixo (spina) decorado e tres sinais cónicos (meta). Arredor estaban as bancadas coa tribuna presidencial.
    1. s m Figura con forma de circunferencia.
    2. s m Luz que rodea a Lúa ou o Sol. OBS: Tamén se denomina circo da Lúa ou circo do Sol.
    3. circo glaciar XEOG Forma erosiva do relevo, resultado da acción glaciaria que presenta unha forma de conca semicircular, dominada por paredes abruptas.
    4. circo lunar XEOL Forma de relevo característica da superficie lunar que presenta unha estrutura circular, co sector central deprimido e coas marxes máis ou menos elevadas. OBS: A miúdo recibe o nome de cráter lunar.

Citas

  • Vino debuxando circos na area da praia
  • ¡Vaia circo que teñen feito os rapaces no seu cuarto!