halo

< lat halo gr ἅ λως
Plural: halos
  1. s m Auréola que rodea unha figura.
  2. s m ASTRON Círculo luminoso irisado que aparece, ás veces, rodeando o Sol e a Lúa producidos pola refracción da luz nos cristais de xeo dos cirros.
  3. s m fig Atmosfera ou prestixio que rodea unha persoa ou cousa.
  4. s m FÍS Anel ou conxunto de aneis que nun tubo de raios catódicos envolven o punto luminoso, xeralmente menos luminoso ca estes.
  5. halo galáctico ASTRON Rexión que ten no centro unha Galaxia e que supera en volume varias veces o do disco galáctico. OBS: Tamén se denomina  coroa galáctica.

Sinónimos

Citas

  • Ía deixando un halo de bondade alí por onde pasaba, Naquela festa había un halo de glamour