adxQue é o principal ou a parte máis importante dunha cousa.
adxRELIXAplícase a cada un dos sete pecados principais que se consideran fonte de todos os demais.
sfXEOG/ADMCidade ou vila principal dunha rexión xeográfica ou dunha circunscrición administrativa.
sf p extXEOG/ADMCentro ou área dunha actividade cultural, económica e relixiosa.
ESCR
adxAplícase á letra maiúscula, ás veces, decorada artisticamente, coa que adoito comeza un capítulo. Tm s f.
escritura capitalTipo de escritura latina clásica usada normalmente desde o s I a C ao s V d C, da que derivan as demais escrituras latinas a través de sucesivas transformacións.
smRiqueza acumulada que posúe unha persoa ou unha empresa consistente en bens e, sobre todo, cartos.
ECON
smConxunto de medios e instrumentos de produción que permiten producir bens e, consecuentemente, crear plusvalía grazas á participación do traballador asalariado no proceso de produción.
capital autorizadoProcedemento para aumentar o capital dunha sociedade anónima.
capital circulanteConxunto de bens que se consomen no proceso produtivo, que cambian sucesivamente de forma, e pasan de ser materia prima a produto elaborado.
capital financeiroFracción do capital empregado na financiación da produción.
capital fixoParte dos activos que se materializan en bens durables.
capital líquidoCapital que se pode converter inmediatamente en diñeiro dispoñible.
capital socialalor monetario das achegas dos socios ás sociedades, particularmente ás mercantís.
capital humanoSOCIOL/EDUCConcepto desenvolvido desde posicionamentos liberais na segunda metade do s XX, que contribúe á racionalización do gasto público en educación desde a consideración desta como investimento cara ao futuro.