smSistema ou modo de produción caracterizado polo uso de técnica avanzada, a propiedade privada dos medios de produción e a procura do máximo beneficio.
capitalismo de EstadoExpresión cuñada por Lenin para designar a fase en que o estado proletario se apropiaría dos medios de produción.
capitalismo do benestarEconomía mixta, establecida en Europa Occidental tras a Segunda Guerra Mundial, na que o Estado se comprometía a compaxinar o capitalismo de libre empresa cun amplo sistema de servizos e garantías sociais.
capitalismo popularConxunto de medidas que teñen como finalidade a eliminación da loita de clases e a integración do proletariado no sistema.
smConxunto de poder e influencia dos capitalistas.