secundario

Plural: secundarios
  1. adx Que ocupa o segundo lugar dentro dunha orde establecida.
  2. adx Que ocupa o segundo lugar segundo o nivel de importancia.
  3. adx, s m ESTRATIG mesozoico.
  4. adx QUÍM
    1. Aplícase ao átomo de carbono que, nunha molécula orgánica, está unido a dous átomos de carbono.
    2. Aplícase aos grupos funcionais, cando se atopan unidos a un carbono secundario.
    3. Aplícase á amina na que existe un grupo –NH– unido a dúas cadeas carbonadas ou ben a unha de cíclica.