capital

< lat capitāle ‘relativo á cabeza’
Pliral: capitais
  1. adx Relativo ou pertencente á cabeza.
    1. adx Que é o principal ou a parte máis importante dunha cousa.
    2. adx RELIX Aplícase a cada un dos sete pecados principais que se consideran fonte de todos os demais.
    3. s f XEOG/ADM Cidade ou vila principal dunha rexión xeográfica ou dunha circunscrición administrativa.
    4. s f p ext XEOG/ADM Centro ou área dunha actividade cultural, económica e relixiosa.
  2. ESCR
    1. adx Aplícase á letra maiúscula, ás veces, decorada artisticamente, coa que adoito comeza un capítulo. Tm s f.
    2. escritura capital Tipo de escritura latina clásica usada normalmente desde o s I a C ao s V d C, da que derivan as demais escrituras latinas a través de sucesivas transformacións.
  3. s m Riqueza acumulada que posúe unha persoa ou unha empresa consistente en bens e, sobre todo, cartos.
  4. ECON
    1. s m Conxunto de medios e instrumentos de produción que permiten producir bens e, consecuentemente, crear plusvalía grazas á participación do traballador asalariado no proceso de produción.
    2. capital autorizado Procedemento para aumentar o capital dunha sociedade anónima.
    3. capital circulante Conxunto de bens que se consomen no proceso produtivo, que cambian sucesivamente de forma, e pasan de ser materia prima a produto elaborado.
    4. capital financeiro Fracción do capital empregado na financiación da produción.
    5. capital fixo Parte dos activos que se materializan en bens durables.
    6. capital líquido Capital que se pode converter inmediatamente en diñeiro dispoñible.
    7. capital social alor monetario das achegas dos socios ás sociedades, particularmente ás mercantís.
  5. capital humano SOCIOL/EDUC Concepto desenvolvido desde posicionamentos liberais na segunda metade do s XX, que contribúe á racionalización do gasto público en educación desde a consideración desta como investimento cara ao futuro.
  6. inimigo capital Inimigo moi perigoso.
  7. pena capital Pena de morte.

Antónimos

Confrontaciones

Citas

  • A capital de Galicia é Santiago de Compostela
  • Primeiro imos tratar a cuestión capital, despois veremos os temas secundarios
  • Ribadavia é a capital das festas medievais, A Meca é a capital do Islam, A capital do cine segue a ser Hollywood
  • Ten un capital acumulado de varios miles de euros