sfPeza de roupa longa e folgada que se ensancha progresivamente desde o pescozo ata máis abaixo dos xeonllos, aberta por diante e sen mangas, que se leva sobre as costas cubrindo a vestimenta.
capa augadoiraCapa confeccionada con tea impermeable para protexerse da chuvia.
capa consistorial/magnaCapa de maior tamaño ca a pluvial que empregan os arcebispos no coro para asistir aos oficios divinos e a outros actos capitulares.
capa de augasCarapucho que servía antano para protexerse da chuvia, similar á coroza pero con menos pezas.
capa de coroCapa que usan as dignidades, os cóengos e demais prebendados nas igrexas catedralicias e colexiais.
capa pluvialestidura en forma de capa, xeralmente de seda e con carrapucha, que usa o celebrante nalgunhas cerimonias litúrxicas.
capa talarCapa longa que chega ata os nocellos.
sfSubstancia que se estende dunha maneira uniforme sobre algunha cousa.
sfCada un dos diversos planos superpostos que constitúen un todo.
sfFÍSNivel de enerxía que nun átomo pode atribuírse a un ou a distintos electróns corticais en función do seu número cuántico principal n.
sfFÍSZona ou parte dun semicondutor cunhas características cristalinas determinadas que, en contacto con outras semellantes, permite obter os diferentes dispositivos electrónicos.
sfXEOLestrato.
capa duraXEOLHorizonte duro dun solo.
capa límiteFÍSCapa delgada do fluído contigua á superficie dun corpo que se move dentro del ou do tubo por onde circula o fluído.
capa límiteMETEORCapa turbulenta de aire xerada polo seu desprazamento sobre a superficie ríxida e rugosa do globo terráqueo.
sf Aparencia para encubrir ou ocultar a realidade de algunha cousa ou a alguén.
sfPedra do muíño en forma de roda que xira sobre outra fixa chamada pé.
sfPeza de pedra, normalmente de forma circular, cun diámetro dun metro aproximadamente, que vai colocada enriba dos pés do hórreo e que ten como función impedirlle o acceso á cámara aos roedores.
sfMARModo de navegación no que a embarcación está case parada.
sfDERGratificación que os fretadores daban ao capitán dun barco para estimular o seu celo na execución do contrato.