estrato

< lat strātu
Plural: estratos
  1. XEOL
    1. s m Cada unha das capas ben diferenciadas en que se presentan xeralmente as rochas sedimentarias.
    2. estrato tipo Sucesión concreta de estratos que serve de patrón para a definición dunha unidade estratigráfica ou dun límite estratigráfico.
  2. s m ECOL Cada unha das capas en que se divide unha biocenose e que presenta características ecolóxicas particulares.
  3. s m BIOL Capa ou conxunto de membranas superpostas dun tecido, dun órgano ou de calquera outra estrutura.
  4. s m Nube baixa que forma unha capa uniforme dunha extensión horizontal relativamente grande, semellante á néboa, pero sen tocar o chan.
  5. estrato arqueolóxico ARQUEOL Estrato formado pola aparición en disposición horizontal dunha serie de materiais e características que permiten identificar un momento determinado diferente ao anterior ou posterior.
  6. estrato social SOCIOL Cada un dos grupos ou capas en que se divide a sociedade segundo as diferentes teorías da estratificación social.
  7. estrato vexetal BOT Capa formada polas plantas dun intervalo de altura determinado.