capa

< lat cappa ‘toucado da cabeza’
Pliral: capas
    1. s f Peza de roupa longa e folgada que se ensancha progresivamente desde o pescozo ata máis abaixo dos xeonllos, aberta por diante e sen mangas, que se leva sobre as costas cubrindo a vestimenta.
    2. capa augadoira Capa confeccionada con tea impermeable para protexerse da chuvia.
    3. capa consistorial/magna Capa de maior tamaño ca a pluvial que empregan os arcebispos no coro para asistir aos oficios divinos e a outros actos capitulares.
    4. capa de augas Carapucho que servía antano para protexerse da chuvia, similar á coroza pero con menos pezas.
    5. capa de coro Capa que usan as dignidades, os cóengos e demais prebendados nas igrexas catedralicias e colexiais.
    6. capa pluvial estidura en forma de capa, xeralmente de seda e con carrapucha, que usa o celebrante nalgunhas cerimonias litúrxicas.
    7. capa talar Capa longa que chega ata os nocellos.
  1. s f Substancia que se estende dunha maneira uniforme sobre algunha cousa.
    1. s f Cada un dos diversos planos superpostos que constitúen un todo.
    2. s f FÍS Nivel de enerxía que nun átomo pode atribuírse a un ou a distintos electróns corticais en función do seu número cuántico principal n.
    3. s f FÍS Zona ou parte dun semicondutor cunhas características cristalinas determinadas que, en contacto con outras semellantes, permite obter os diferentes dispositivos electrónicos.
    4. s f XEOL estrato.
    5. capa dura XEOL Horizonte duro dun solo.
    6. capa límite FÍS Capa delgada do fluído contigua á superficie dun corpo que se move dentro del ou do tubo por onde circula o fluído.
    7. capa límite METEOR Capa turbulenta de aire xerada polo seu desprazamento sobre a superficie ríxida e rugosa do globo terráqueo.
  2. s Aparencia para encubrir ou ocultar a realidade de algunha cousa ou a alguén.
  3. s f Pedra do muíño en forma de roda que xira sobre outra fixa chamada pé.
  4. s f Peza de pedra, normalmente de forma circular, cun diámetro dun metro aproximadamente, que vai colocada enriba dos pés do hórreo e que ten como función impedirlle o acceso á cámara aos roedores.
  5. s f MAR Modo de navegación no que a embarcación está case parada.
  6. s f DER Gratificación que os fretadores daban ao capitán dun barco para estimular o seu celo na execución do contrato.

Confrontaciones

Citas

  • A sociedade estamentaria medieval dividíase en distintas capas sociais segundo o poder económico
  • Botoulle unha capa de chocolate ao flan para que soubese mellor
  • Cubriu a parede con outra capa de pintura branca
  • Debaixo desa capa de bondade esconde a peor das malicias
  • Entraron no muíño e partiron a capa
  • O profesor explicou as distintas capas da atmosfera, Antes de lle pór a capa de galletas á torta unta o fondo da forma con manteiga
  • Os mozos da tuna levan unhas capas adornadas con moitas fitas de cores

Frases hechas

  • Andar de capa e bimba. Andar a pasar o tempo.
  • Capa do ceo. O propio ceo.
  • Capas do ollo. P
  • Ten capa de santo. O que hipocritamente aparenta ser boa persoa.