sfEspazo do que se dispón no interior dalgunha cousa.
sfPropiedade de poder conter algo ata un límite determinado.
sfINFORMNúmero máximo de bits, caracteres, palabras ou outra unidade de medida que se poden almacenar nun dispositivo de memoria.
capacidade de cargaECOLNúmero de individuos que pode manter unha área sen deteriorarse.
capacidade pulmonar vitalFISIOLCantidade de aire expulsado nunha expiración forzada.
sfCircunstancia ou calidade que posúen as persoas consistente en ser capaz de realizar algunha cousa.
sfAptitude, disposición ou dotes intelectivos necesarios para realizar ou comprender algunha cousa.
sfPEDAGConxunto de aptitudes innatas ou adquiridas que un individuo pon en funcionamento para acadar un rendemento axeitado en calquera dos ámbitos da cultura.
capacidade de traballoCapacidade dun individuo para facer moito traballo en pouco tempo.
sfPosibilidade de actuar ou producir dependente dos medios ou recursos dispoñibles.
capacidade de compraECONParámetro que permite medir a cantidade de produtos que se poden mercar.
sfDERAptitude legal para exercer unha determinada función ou dereito.
FÍS
sfNome de certas magnitudes eléctricas.
sfMagnitude que expresa a aptitude que teñen os condutores de almacenar electricidade en forma de carga eléctrica
sfCantidade de electricidade máxima que pode almacenar un acumulador.
sfXEOLolume de auga que pode acoller o cauce dun río.
sfXEOLCondición actual intrínseca dun elemento do medio para acoller unha actividade ou un uso do solo.
XEOL
sfCantidade de auga ou doutras substancias que un solo absorbe, contén ou intercambia.
sfCaudal sólido máximo que pode transportar un curso de auga a unha velocidade determinada.
capacidade de absorciónPropiedade fundamental da fracción coloidal dos solos.
capacidade de cambioMagnitude de intercambio de ións entre as partículas coloidais do solo e a solución que o rodea.
capacidade de campo/retenciónCantidade de auga retida por un solo unha vez que escorreu a auga gravitacional.
capacidade hídricaContido en auga dunha mostra de solo despois de telo saturado e deixado escorrer durante dúas horas.
capacidade de intercambioCantidade de substancia que un peso determinado dun solo pode reter.
capacidade de intercambio catiónicoCantidade total de catións que pode reter por absorción un solo.
capacidade máxima de retenciónCantidade de auga retida pola primeira capa de solo.
capacidade portadoraAptitude do solo para soportar grandes infraestruturas e os elementos que as empregan.
ECOL
sfCondición do medio para acoller unha determinada actividade biolóxica.
capacidade agrolóxicaAptitude que ten un solo para un uso agrícola determinado.
capacidade asimilativaAptitude dunha masa de auga para soportar refugallos sen cambiar a súa calidade.
capacidade bioxénicaPotencialidade dun ecosistema de xerar e manter biomasa.
capacidade caloríficaFÍSCantidade de calor necesaria para aumentar nun grao a temperatura dun corpo.
capacidade de transporteFÍSCantidade de material que un fluído en movemento pode transportar.
A capacidade productiva dos solos depende de factores edáficos, climáticos, hidrolóxicos e topográficos, A capacidade defensiva da ría mellorou coa instalación de novas baterías, Aumentou a capacidade de producción da fábrica
O autobús ten unha capacidade de 55 persoas, A capacidade do estante é duns 200 libros
O viño que queda non abonda para cubrir a capacidade dese bocoi
Sorpréndeme a súa capacidade para emprender novos desafíos
Ten capacidade abonda para cumprir coas esixencias do novo cargo, Non lle concederon o galardón por falta de capacidade artística, Carezo de capacidade para entender a súa arte
Refráns
Mal ano ou bo ano, catro caben nun banco.
Ninguén pode facer máis do que sabe.
O que fai un cesto fai un cento, se lle dan vergas e tempo.
O que fai un home, tamén outro facelo pode.
Onde cabe un carro cargado, ben cabe un home ao seu cabo.
Onde vai a máis, vaia o menos.
Onde vai o máis, que vaia o menos.
Os mozos para loitar e os vellos para aconsellar.
Por ande entra o carro, mellar entra o carreteiro.
Por ande salta a cabra, tamén salta a que a mama.
Quen fai un cesto, fai un cento, se lle dan vimbias e tempo.