canón

< < 1 cano
Plural: canóns
  1. BÉL
    1. s m Tubo por onde sae o proxectil lanzado por unha arma de fogo.
    2. s m Peza de artillaría de tubo relativamente longo respecto ao calibre, capaz de lanzar proxectís a gran distancia.
  2. XEOG
    1. s m Paso profundo e estreito entre montañas, xeralmente formado por un río que discorre polo fondo.
    2. canón submarino Entallamento fondo na plataforma e no talude continentais, que forma un val submarino estreito, de paredes escarpadas, que descende cara ás chairas abisais.
  3. canón de electróns FÍS Dispositivo destinado a producir e concentrar un feixe de electróns, empregado en tubos de raios catódicos e microscopios electrónicos.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Non o admitiron por non seguir os canons establecidos
  • O canon escultórico grego caracterízase polo seu clasicismo