canon

< lat canon gr κανών ‘regra, modelo’
Plural: canons
  1. s m
    1. Principio ou lei xeral que goberna o tratamento ou a aplicación dalgunha cousa.
    2. Conxunto de regras que establecen a relación equilibrada e harmónica das dimensións de algo conforme a un modelo ideal.
    3. ARTE Conxunto de normas que regulan a proporción e a simetría en arquitectura e en escultura.
    4. FILOS Principio a priori do uso recto de certas facultades do coñecemento na filosofía kantiana.
    5. PSIC Norma ou regra á que obedece o proceso lóxico.
  2. RELIX
    1. s m Relación dos santos canonizados pola Igrexa Católica.
    2. s m Catálogo ou lista de libros que forman o patrimonio revelado, sagrado, oficial ou ortodoxo dunha relixión, e que constitúen a súa base doutrinal.
    3. canon bíblico Colección dos libros recoñecidos e aceptados como inspirados e que constitúen a lista oficial dos libros da Biblia.
  3. s m
    1. Catálogo ou lista.
    2. LIT Lista de autores, obras e motivos que constitúe o repertorio tomado como referencia nunha determinada literatura.
  4. DER
    1. s m Cada un dos artigos de que consta o Código de dereito canónico pertencente á Igrexa católica latina.
    2. s m pl dereito canónico.
    3. canon dogmático Proposición doutrinal establecida por un concilio ecuménico cun contido moi preciso e tan importante que se impón baixo pena de excomuñón.
  5. s m MÚS Composición a dúas ou máis voces onde cada unha repite, despois dun espazo de tempo prefixado, a mesma frase melódica.
  6. s m RELIX Composición poética, propia do rito bizantino, consistente nun conxunto de nove grupos de estrofas, compostas dun εἰρμὀV e varios tropos.
  7. s m RELIX Parte central da misa, na que o texto é unha pregaria eucarística na que a Igrexa dá grazas a Deus pola salvación.
  8. s m DER
    1. Pagamento periódico en metálico ou en especie como retribución do emprego dun ben alugado ou arrendado.
    2. Pagamento dun tributo por cantidade fixa periódica e non como consecuencia de aplicar unha porcentaxe na base liquidable.
  9. s m GRÁF Tipo máis groso de imprenta, equivalente ao corpo de vinte e catro puntos.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Non o admitiron por non seguir os canons establecidos
  • O canon escultórico grego caracterízase polo seu clasicismo

Formas incorrectas

cañón