modelo

< ital modello
Plural: modelos
  1. s m Persoa ou cousa que é digna de ser imitada pola súa perfección.
    1. s m Cousa que se toma como obxecto de imitación co fin de reproducila.
    2. s ARTE Persoa que pousa diante dun artista, na actitude que este quere reproducir en pintura, escultura ou debuxo.
    3. s m ARTE Representación en cera, arxila ou algún outro material maleable dun obxecto destinado a ser reproducido en pedra, mármore, bronce ou madeira.
  2. s m Tipo dunha cousa destinada á súa produción en serie.
    1. s m Representación simplificada da realidade, de forma icónica, analóxica ou simbólica.
    2. s m ARQUIT Maqueta feita a escala dun edificio, dun monumento ou dun detalle arquitectónico.
    3. s m ECON Modelo que se emprega na ciencia económica que ten como elementos fundamentais as variables, as constantes (que corresponden aos elementos medibles) e as relacións (que especifican o tipo de conexión entre os elementos indicados).
    4. s m FÍS Representación abstracta, por analoxía, dun fenómeno físico complicado ou pouco coñecido, de xeito que, ao comparalo con este modelo, máis simple e coñecido, permite darlle unha explicación matemática.
    5. s m MAT Teoría ou descrición matemática dun obxecto ou fenómeno real.
    6. s m TECNOL Representación de madeira, cera, xeso ou metal, para construír o molde dunha peza.
    7. modelo de calibre TECNOL Tipo de modelo que serve para enmoldar pezas prismáticas ou de revolución.
    8. teoría de modelos TECNOL Teoría e técnica de reprodución no laboratorio, do comportamento dun sistema físico que se emprega no estudo e no deseño de sistemas que presentan dificultades na súa experimentación a escala real.
  3. s m Peza de vestiario da alta costura.
  4. s Persoa que exhibe pezas de roupa ou complementos que os deseñadores queren dar a coñecer.

Citas

  • Deixoulle dúas cartas para que as empregase como modelo
  • O seu irmán é un modelo de cortesía