cadro

< lat quadru
Plural: cadros
  1. s m
    1. Figura, obxecto ou espazo de forma cadrada ou rectangular.
    2. Armazón, xeralmente de forma cadrada ou rectangular, que sostén algunha cousa polos bordos.
    3. ARTE Pintura, debuxo ou gravado non mural que se realiza normalmente sobre tea ou táboa.
    4. BÉL Antiga formación da infantaría en figura de cuadrilátero que presentaba catro caras ao inimigo.
  2. s m
    1. Texto resumido ou gráfico esquematizado por medio de chaves ou de casas, que destaca do resto do texto e que pode ocupar unha ou máis páxinas.
    2. Exposición oral ou escrita dun tema.
  3. s m Armadura metálica dunha bicicleta.
    1. s m BÉL Conxunto de xefes, oficiais e suboficiais dunha unidade militar.
    2. s m Conxunto dos xefes da administración dunha empresa, dun partido ou doutra organización.
    3. s m ESPECT Conxunto de artistas que traballan xuntos nun espectáculo.
    4. s m Conxunto de persoas ou de cousas que chaman a atención ou que causan algunha impresión.
    5. cadro de persoal Conxunto dos traballadores dunha empresa.
  4. LIT
    1. s m Unidade da obra teatral que supón unha división cronolóxica da acción dramática en movemento.
    2. cadro de costumes Tipo de relato cultivado polos escritores costumistas onde se describen actitudes e hábitos comúns.
    3. cadro vivente Técnica dramática que consiste na posta en escena dun ou varios actores que suxiren unha estatua ou pintura ao adoptar unha pose inmóbil e fixa.
  5. TECNOL
    1. s m Estación transformadora ou centro semellante nunha central eléctrica dotado de aparatos destinados ao mando, medición, regulación e protección de circuítos eléctricos, xunto coas conexións correspondentes, os chasis e os soportes necesarios.
    2. cadro de mandos/de instrumentos Conxunto de indicadores e instrumentos dispostos á vista do piloto dunha aeronave ou do condutor dun vehículo automóbil que lle permiten controlar a marcha do vehículo.
    3. cadro de mandos/de instrumentos Plafón no que están os aparatos de control, regulación e seguridade dunha máquina ou dunha instalación complexa, desde o que se poden coñecer as condicións de traballo en cada momento.
    4. cadro manual Equipo de conmutación dunha central telefónica manual, mediante a que a operadora pode efectuar a conexión entre as liñas de abonado e os circuítos de enlace co fin de establecer as comunicacións telefónicas.
  6. s m TRANSP Bastidor metálico, tubular, xeralmente trapezoidal, que serve de ligadura e soporte aos outros elementos dunha bicicleta ou dunha motocicleta.
  7. cadro clínico MED Conxunto dos síntomas e signos dunha doenza.

Sinónimos

Citas

  • A casa aínda non está rematada por dentro, ten as portas só cos cadros, Aproveitei o cadro dunha foto vella para enmarcar esta fotografía
  • Ademais do texto débese engadir un cadro estatístico cos datos actualizados
  • Converteuse rapidamente nun dos cadros do partido
  • Fixo a presentación pública do cadro de actividades deportivas para este ano
  • Levaba posto un abrigo de cadros
  • Na bienal gustáronme máis os cadros cás esculturas e as fotos
  • O can e o gato xogando formaban un cadro atípico
  • Pintei o cadro da bicicleta de cor vermella

Frases feitas

  • Quedarse en cadro. Quedar un corpo de tropa sen soldados, conservando a oficialidade e outros elementos de mando. Quedar un grupo reducido ata o m

Palabras veciñas