cadril

Plural: cadrís
  1. s m ANAT Óso plano da cadeira que conecta o sacro co fémur e une o tronco coa extremidade inferior. Articúlase por diante co seu homónimo na sínfise púbica, por detrás co sacro e lateralmente co fémur. Está composto polo íleo, o isquion e a pube.
  2. s m Parte avultada do corpo das persoas e doutros mamíferos na que a perna ou a pata se une ao corpo.
  3. s m pl Parte baixa do lombo das persoas.

Confrontacións

Citas

  • Bateulle ao porco cun pao nos cadrís
  • Onte doéronme os cadrís durante toda a tarde

Palabras veciñas