Figura, obxecto ou espazo de forma cadrada ou rectangular.
Armazón, xeralmente de forma cadrada ou rectangular, que sostén algunha cousa polos bordos.
ARTEPintura, debuxo ou gravado non mural que se realiza normalmente sobre tea ou táboa.
BÉLAntiga formación da infantaría en figura de cuadrilátero que presentaba catro caras ao inimigo.
sm
Texto resumido ou gráfico esquematizado por medio de chaves ou de casas, que destaca do resto do texto e que pode ocupar unha ou máis páxinas.
Exposición oral ou escrita dun tema.
smArmadura metálica dunha bicicleta.
smBÉLConxunto de xefes, oficiais e suboficiais dunha unidade militar.
smConxunto dos xefes da administración dunha empresa, dun partido ou doutra organización.
smESPECTConxunto de artistas que traballan xuntos nun espectáculo.
smConxunto de persoas ou de cousas que chaman a atención ou que causan algunha impresión.
cadro de persoalConxunto dos traballadores dunha empresa.
LIT
smUnidade da obra teatral que supón unha división cronolóxica da acción dramática en movemento.
cadro de costumesTipo de relato cultivado polos escritores costumistas onde se describen actitudes e hábitos comúns.
cadro viventeTécnica dramática que consiste na posta en escena dun ou varios actores que suxiren unha estatua ou pintura ao adoptar unha pose inmóbil e fixa.
TECNOL
smEstación transformadora ou centro semellante nunha central eléctrica dotado de aparatos destinados ao mando, medición, regulación e protección de circuítos eléctricos, xunto coas conexións correspondentes, os chasis e os soportes necesarios.
cadro de mandos/de instrumentosConxunto de indicadores e instrumentos dispostos á vista do piloto dunha aeronave ou do condutor dun vehículo automóbil que lle permiten controlar a marcha do vehículo.
cadro de mandos/de instrumentosPlafón no que están os aparatos de control, regulación e seguridade dunha máquina ou dunha instalación complexa, desde o que se poden coñecer as condicións de traballo en cada momento.
cadro manualEquipo de conmutación dunha central telefónica manual, mediante a que a operadora pode efectuar a conexión entre as liñas de abonado e os circuítos de enlace co fin de establecer as comunicacións telefónicas.
smTRANSPBastidor metálico, tubular, xeralmente trapezoidal, que serve de ligadura e soporte aos outros elementos dunha bicicleta ou dunha motocicleta.
cadro clínicoMEDConxunto dos síntomas e signos dunha doenza.