< lat scaena ‘escenario, teatro’ gr σκην ή ‘ ‘choza, escenario’
Plural:escenas
ESPECT
sfLugar do teatro en que, tradicionalmente, se representa a obra dramática ou outro espectáculo teatral.
escena mudaEscena en que os personaxes representan unha acción mediante xestos e acenos.
posta en escenaProceso mediante o que o director de escena se encarga de compaxinar todos os elementos que interveñen nunha peza dramática para darlle un determinado sentido a esta, polo que tamén se inclúe o traballo de traspoñer a escritura dramática do texto en escritura escénica.
sfLugar onde acontece algo.
sf
ESPECTCada unha das partes en que se dividen os actos dunha obra dramática e nas que interveñen os mesmos personaxes.
Parte en que se divide unha obra literaria, cinematográfica ou radiofónica por constituír unha unidade en si mesma.
sfESPECTArte teatral, tanto no que se refire ao aspecto literario coma ao da representación.
sfSuceso ou acontecemento da vida real que chama a atención.
sfActo esaxerado ou escandaloso, polo xeral violento, de alguén.
sfMedio ou ambiente en que se desenvolve unha acción ou actividade.
sfARTEArquitectura efémera ou real que, nos teatros do mundo clásico, tiña a función de ambientar o proscenio a modo de decorado.