"sud" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 135.

    1. Relativo ou pertencente ao pobo africáner.

    2. Individuo do pobo africáner.

    3. Pobo de Sudáfrica, formado polos descendentes dos campesiños que procedían dos Países Baixos e que se estableceron no cabo de Boa Esperanza a partir de 1652. OBS: Tamén se denomina bóer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roedor sudamericano dos xéneros Dasyprocta e Myoprocta que pertence á familia dos dasipróctidos. De pelame dourado a vermello, ten a cola e as orellas curtas, e extremidades longas que lle permiten o salto. Viven nos lindes das selvas alimentándose de raíces e grans.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gas incoloro, máis lixeiro ca o aire, composto de nitróxeno e hidróxeno, que se emprega na fabricación de fertilizantes nitroxenados e como cáustico nas picaduras e mordeduras de animais velenosos.

    2. Goma de resina exsudada polo Dorema ammoniacum e probablemente por outras umbelíferas, que se utiliza en adhesivos para a porcelana.

    3. cloruro de amonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás anacardiáceas.

    2. Planta da familia das anacardiáceas.

    3. Familia de árbores ou arbustos da orde das rutais, de distribución tropical e subtropical, cuxos tecidos son resiníferos e o seu exsudado é, ás veces, irritante ou velenoso. Proporcionan taninos, madeira e, sobre todo, froitas (manga) e froitos secos (anacardio, pistacho e outros).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Árbore, da familia das anacardiáceas, de follas alternas, simples e coriáceas, e de flores irregulares, propia de América Central e cultivada nos países cálidos polo seu froito (anacardio), e pola súa madeira.

      2. Pedúnculo carnoso e piriforme do froito do anacardio, zumarento, agridoce, recendente e comestible.

      1. Exsudado da casca do anacardo, que ten diversas aplicacións, como tintas, insecticidas, produtos farmacéuticos, vernices ou encadernacións.

      2. Líquido que se obtén da pel do froito do anacardo cuxos principais compoñentes son o ácido anacárdico (90%), un difenol e un produto vesicante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea bianual, da familia das bromeliáceas, de longas follas ríxidas, estreitas e agudas, con marxes espiñosas, dispostas en roseta e flores agrupadas en inflorescencias compactas que dan lugar a unha infrutescencia carnosa comestible. É oriúnda do N de Sudamérica.

    2. Infrutescencia da planta do mesmo nome, que presenta un penacho de follas verdes rematadas en punta e a polpa de cor amarela clara e escamosa, moi xugosa e lixeiramente fibrosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de segregación das poboacións non brancas instituído de xeito oficial na República de Sudáfrica entre 1948 e 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a todo tipo de secreción glandular na que os produtos segregados se concentran nun extremo libre da célula e se eliminan xuntamente cunha porción de citoplasma da célula secretora.

    2. Glándula sudorípara que verte a súa secreción nun folículo piloso ou nun orificio pilosebáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Arabia ou aos árabes.

    2. Que vén de Arabia.

    3. Lingua que falan os árabes.

    4. Exsudación gomosa producida polo xénero Acacia que se emprega como adhesivo.

    5. Cada un dos signos gráficos do sistema de numeración decimal que se utilizan nos países de cultura europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore sudamericana, da familia das fabáceas, produtora dunha resina que se acumula nas cavidades do seu tronco e da que se obteñen uns pos empregados en farmacia, ricos en crisarobina.

    VER O DETALLE DO TERMO