aguti

aguti

tupí aku’ti ‘o que come de pé’

Plural: agutis
s f [ANIMAL ]

Roedor sudamericano dos xéneros Dasyprocta e Myoprocta que pertence á familia dos dasipróctidos. De pelame dourado a vermello, ten a cola e as orellas curtas, e extremidades longas que lle permiten o salto. Viven nos lindes das selvas alimentándose de raíces e grans.