anacardio

anacardio

gr ἀ νάκαρδος

Plural: anacardios
    1. s [PLANTA ]

      Árbore, da familia das anacardiáceas, de follas alternas, simples e coriáceas, e de flores irregulares, propia de América Central e cultivada nos países cálidos polo seu froito (anacardio), e pola súa madeira.

    2. s [BOT ]

      Pedúnculo carnoso e piriforme do froito do anacardio, zumarento, agridoce, recendente e comestible.

    1. s

      Exsudado da casca do anacardo, que ten diversas aplicacións, como tintas, insecticidas, produtos farmacéuticos, vernices ou encadernacións.

    2. líquido de anacardio

      Líquido que se obtén da pel do froito do anacardo cuxos principais compoñentes son o ácido anacárdico (90%), un difenol e un produto vesicante.