africáner

africáner

neerl afrikáner

Plural: africáneres
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo africáner.

  2. s [ETN ]

    Individuo do pobo africáner.

  3. s m pl [ETN ]

    Pobo de Sudáfrica, formado polos descendentes dos campesiños que procedían dos Países Baixos e que se estableceron no cabo de Boa Esperanza a partir de 1652. OBS: Tamén se denomina bóer.