astigmatismo

astigmatismo

a- + gr στίγμα -ατος ‘punto’ + -ismo

Plural: astigmatismos
  1. s m [PAT ]

    Alteración da refracción do ollo, como consecuencia de que as distancias focais dos diferentes meridianos do globo ocular non son iguais.

  2. s m [FÍS ]

    Aberración dun sistema óptico que consiste no feito de que a imaxe dun punto obxecto non é un punto senón dúas rectas (rectas focais de Sturm), perpendiculares entre si.