"dous" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1370.

  • Forma sufixada que nun radical orgánico sinala a perda de dous hidróxenos, deixando dúas valencias libres, en dous átomos de carbono distintos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada que nun radical orgánico sinala a perda de dous hidróxenos, deixando dúas valencias libres, no mesmo átomo de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abater ou abaterse.

    2. Estado de debilidade física en que se atopa unha persoa.

    3. Movemento de rotación que porta un plano e as figuras que contén sobre outro plano, e que ten o eixe de rotación na recta de intersección de ambos os dous planos.

      1. Derivación no rumbo dun barco cara a sotavento a causa do vento.

      2. alor do ángulo formado polo rumbo real e o rumbo aparente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto da orde dos himenópteros con dous pares de ás, transparentes e con poucas veas, e  unha glosa moi longa especializada na succión de néctar. Aliméntanse de pole e do mel que elaboran.

    2. Abella do xénero Prosopis, de cor negra e cara amarela e de vida solitaria.

    3. Abella que se domestica para obter mel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuntar e torcer dous ou máis fíos formando mazarocas, especialmente no traballo do liño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á lingua abkhazo-adigueo.

    2. Grupo occidental das linguas caucásicas setentrionais. Comprende o adigueo, o kabardino e o cherkés, que poden agruparse baixo o antigo nome de circasiano; o abkhazo e o ubikh. Caracterízanse pola pobreza do sistema vocálico, dous ou tres fonemas, compensada pola riqueza do consonantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abotoar.

    2. Conxunto de botóns que forman parte dunha peza de vestir.

    3. Conxunto de botóns que unen dous cabos ou dúas pernadas dun mesmo cabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarto mes do ano no calendario gregoriano e segundo mes do primitivo ano romano que consta de trinta días.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de absorber.

    2. Penetración dunha substancia no seo doutra con formación dunha solución, dun complexo de inclusión ou dunha verdadeira combinación química.

      1. Función propia dos organismos vivos que consiste na penetración ao medio interno de substancias procedentes do medio externo. 2 Incorporación, a través dos pelos absorbentes, de auga con elementos nutritivos minerais disoltos.

    3. Fusión de empresas na que a dominante fai desaparecer a personalidade xurídica independente das outras.

    4. Perda de enerxía das ondas sonoras cando atravesan un medio ou se dispersan ao incidir sobre a superficie de separación de dous medios.

    5. Perda de intensidade dun feixe de radiacións ou partículas, producida ao atravesar un medio absorbente.

    6. Intercambio de calor e de traballo entre dous sistemas.

    7. Perda de enerxía experimentada polas ondas hertzianas a causa do choque cos ións da atmosfera.

    8. Substancia absorbente das radiacións ultravioletas que, ao ser engadida a un produto, o protexe desas radiacións e evita a súa degradación fotoquímica.

    9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abusar.

    2. Aquilo que é abusivo.

      1. Acción de facer uso dun poder ou obxecto máis alá do que se considera lícito.

      2. Extralimitación dunha autoridade no uso das súas atribucións.

      3. Acto ilícito polo que o autor se aproveita das facilidades que unha relación de lealdade comporta.

      4. Acto ou omisión que sobrepasa os límites normais do exercicio dun dereito, con dano para un terceiro.

      5. Uso de medios físicos de ataque excesivos e desiguais que debilitan a defensa da víctima.

    3. agresión sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO