abella

abella

lat apicŭla dim de apis ‘abella’

Plural: abellas
  1. s f [ANIMAL/ENTOM ]

    Insecto da orde dos himenópteros con dous pares de ás, transparentes e con poucas veas, e  unha glosa moi longa especializada na succión de néctar. Aliméntanse de pole e do mel que elaboran.

  2. abella cariamarela [ANIMAL/ENTOM ]

    Abella do xénero Prosopis, de cor negra e cara amarela e de vida solitaria.

  3. abella doméstica [ANIMAL/ENTOM ]

    Abella que se domestica para obter mel.

Confrontacións

abellón

Frases feitas

  • Quen mata unha abella ten cen (ou sete) anos de pena.

Refráns

  • A abella e a ovella en abril deixan a pelexa.
  • O que mata unha abella ten cen anos de pena.
  • Onde hai abellas hai o mel delas.
  • Se queres ter abellas, míraas polas Candeas; e, se queres ter mel, míraas polo san Miguel.

Palabras veciñas

abeledo abeleira abelita abella abellar abellariza abelleira