abril
abril
lat Aprīle
s
m
[CRON ]
Cuarto mes do ano no calendario gregoriano e segundo mes do primitivo ano romano que consta de trinta días.
Ex: O mes de abril ten trinta días
Citas
- O mes de abril ten trinta días
Frases feitas
-
En abril augas mil. Indica que en abril adoita chover moito.
-
Estar feito un abril. Estar fermoso e cheo de vida.
-
Parecer un abril. Estar l
Refráns
- Abril a la carda e maio leva a fama.
- Abril atoldado e pouco mollado.
- Abril e maio son as chaves do ano.
- Abril esfola pero maio amola.
- Abril frío e fomos quentes, alegría para os meus dentes.
- Abril frío quere compango, viño e pantrigo.
- Abril frío trae poias de trigo.
- Abril frío, moito pan e pouco viño.
- Abril frío, pan e viño.
- Abril pare os froitos e maio lévaos ao lombo.
- Abril, abril, de cen en cen anos deberas viro
- Abril, o do bo durmir.
- Abril, pendoril; maio, engraio; san Xoán, segaio.
- Abril, se por mal quere vir, inda as portas non deixa abrir.
- Abriles bos e bos fidaIgos andan escasos.
- Abriles e cabaleiros son ás veces traicioneiros.
- As madrugadas de abril son pintadas para durmir.
- Cando abril recacha, inda a vella queima a racha.
- Corta cardos en abril e de cada un naceranche mil.
- Díxolle maio a abril: Anque che pese, heime rir.
- En abril ábrelle a porta ao gando e déixao ir.
- En abril déixame durmir, que en maio de meu caio.
- En abril e maio fai fariña para o ano.
- En abril inda está o porco no cubil.
- En abril pon o capelo ruín.
- En abril, espigas mil.
- Entre marzo e abril, se non ven o cuco, quere vir a fin.
- Folla en abril, abre a man e déixaa ir.
- Garda leña para abril e pan para maio.
- Neve en abril, cobras en marzo.
- No abril sae o cuco do cubil.
- O cuco no abril vive e no maio revive.
- Polo abril ronca o porco no cubil.
- Polo abril xa só poda o labrego mín.
- Por abril ponte de codín; e, se o pan ves verdegar, ponte a cantar.
- Se non houbese abril, non habería ano mín.
- Solla de abril, abre a man e déixaa fuxir.
- Un día de abril e outro de maio, se son de tempo axeitado, valen os dous tanto coma os bois e o carro.