absorción
lat ecles absorptĭōne
-
s
f
Acción de absorber.
-
s
f
[QUÍM/FÍS ]
Penetración dunha substancia no seo doutra con formación dunha solución, dun complexo de inclusión ou dunha verdadeira combinación química.
-
s
f
-
Función propia dos organismos vivos que consiste na penetración ao medio interno de substancias procedentes do medio externo. 2 Incorporación, a través dos pelos absorbentes, de auga con elementos nutritivos minerais disoltos.
-
-
s
f
[ECON ]
Fusión de empresas na que a dominante fai desaparecer a personalidade xurídica independente das outras.
-
absorción acústica
[FÍS ]
Perda de enerxía das ondas sonoras cando atravesan un medio ou se dispersan ao incidir sobre a superficie de separación de dous medios.
-
absorción das radiacións
[FÍS ]
Perda de intensidade dun feixe de radiacións ou partículas, producida ao atravesar un medio absorbente.
-
absorción de calor
[FÍS ]
Intercambio de calor e de traballo entre dous sistemas.
-
absorción iónica
[FÍS ]
Perda de enerxía experimentada polas ondas hertzianas a causa do choque cos ións da atmosfera.
-
axente de absorción
[QUÍM/IND ]
Substancia absorbente das radiacións ultravioletas que, ao ser engadida a un produto, o protexe desas radiacións e evita a súa degradación fotoquímica.
-
coeficiente de absorción
[FÍS ]
Magnitude característica dun medio para unha frecuencia ou enerxía da radiación que lle incide.
-
liña de absorción
[FÍS ]
Raia escura dun espectro de absorción.
Sinónimos
Citas
- A absorción de todas as funcións nunha soa persoa trae como consecuencia a insatisfacción dos demais