"Pin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1044.

    1. Planta herbácea perenne, da familia das solanáceas, que presenta tubérculos comestibles, follas pinnipartidas, flores de cor branca ou morada, en forma de estrela de cinco puntas, e froito en baga arredondada e verdosa. A plantación faise vexetativamente con anacos xerminados do tubérculo, que son soterrados en sucos.

    2. Tubérculo comestible da pataca, nutritivo e moi feculento, especialmente rico en amidón e en vitamina C, que se emprega en alimentación, na obtención de féculas e de alcohois e como forraxe.

    3. Planta da familia das convolvuláceas, que produce un tubérculo fariñento, da cor da terra por fóra e branco ou amarelo por dentro, e de sabor lixeiramente doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capa verdosa que se forma nos obxectos de bronce, cobre e outros materiais pola acción da humidade.

    2. Ton terroso opaco ou coloración suave que co tempo collen as pinturas ao oleo ou as superficies de obxectos de metal, marfil ou pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave anátida de voo rápido e de femias e machos cunha clara diferenciación por sexos, tendo os machos cores máis rechamantes ca as femias.

      1. Ave anátida que mergulla só a metade do corpo á hora de alimentarse e as femias adoitan ser pardas e con pintas.

      2. Pato en que o macho ten unha mancha amarelada cruzándolle a cabeza, as ás grises, o dorso máis escuro e o peito e a cabeza castaños.

      3. Pato en que o macho ten o ventre branco, bandas escuras nos lados, gris o dorso e coas patas alaranxadas.

      4. Pato en que o macho ten a cabeza verde, os lados avermellados e o peito branco, e tanto a femia coma o macho un gran peteiro aplanado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crustáceo decápodo, braquiúro, da familia dos portúnidos, que presenta a cuncha de cor vermella, máis larga ca longa, con tres dentes entre os ollos e cinco a cada lado, o primero par de patas con forma de pinza e o último aplanado, que emprega como paleta natatoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte terminal das extremidades abdominais do home que comprende o tarso, o metatarso e as dedas.

      2. Parte dunha media ou dun calcetín que cobre o pé, do nocello para abaixo.

      3. Tricofitose do pé, producida polo fungo Candida albicans, que se caracteriza polo arroibamento, vesiculación e fendas entre as dedas.

      4. Deformidade permanente do pé, que o priva de tomar contacto coa terra polos seus puntos normais de apoio.

      5. Deformidade que se caracteriza pola desaparición da ponte do pé, de maneira que se apoia a planta en terra.

      1. Parte terminal de cada unha das patas dun animal.

      2. Pezuño dos ungulados.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tegumento resistente e flexible que recobre a superficie do corpo e que continúa, nos orificios naturais, coas mucosas que tapizan os sistemas respiratorio, dixestivo e xenito-urinario. Está constituída por unha capa epitelial ectodérmica, a epiderme, e unha capa mesodérmica, a derma.

    2. Coiro, sobre todo se está curtido ou conserva o seu pelo natural, que se emprega para fabricar cousas.

    3. 1 pela.

    4. Pel que se atopa nun estado que se caracteriza pola erección dos folículos pilosos, que forman pequenas eminencias cónicas por contracción das fibras lisas.

    5. Nome dado polos europeos aos individuos de tribos amerindias que ocupan os bosques de Canadá, a conca do Mississippi e a península de Florida, polo costume de pintar a cara con cores vermellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rubideira, da familia das piperáceas, que presenta follas elípticas agudas e coriáceas, flores pequenas agrupadas en espiga, e froito en drupa, rico en aceites volátiles, que constitúen a pementa.

    2. Árbore perennifolia, da familia das anacardáceas, dicoica, resinífera, que presenta follas pinnaticompostas, con folíolos lineais, flores pequenas, brancas e paniculadas, e froito rosado, semellante, na medida e no gusto, á pementa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer uso da razón para entender algo ou formar unha idea.

    2. Ter unha opinión ou xuízo sobre algo ou alguén.

    3. Crear algo usando a imaxinación e a intelixencia.

    4. Ter o propósito de facer algunha cousa.

    5. Supoñer algo como probable.

    6. Exercer o individuo a facultade de xulgar, de abstraer ou de formar ideas.

    7. Ter presente no pensamento algo ou a alguén.

    8. Preocuparse por algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea bienal, da familia das apiáceas, de ramas e follas tripinnadas de cor verde escura, flores de cor verde amarelada, dispostas en umbelas e froitos en diaquenio. Emprégase como condimento.

    2. Planta herbácea perenne, da familia das apiáceas, de talo macizo e estriado, follas tripinnadas, flores de cor branca dispostas en umbelas e froitos con costelas moi marcadas.

    3. Planta herbácea perenne, da familia das apiáceas, de follas pinnadas e carnosas, flores de cor verde amarelenta, dispostas en umbelas e froito verde oliva que viven en rochedos marítimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que deixa pasar un gas ou un líquido a través dos seus poros.

      2. Que deixa pasar algún tipo de radiación.

    1. Que ten permeabilidade.

    2. Que se deixa influír por opinións alleas.

    VER O DETALLE DO TERMO