pato -ta

pato -ta
Plural: patos Masculino: pato Masculino plural: patos Feminino: pata Feminino plural: patas
  1. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave anátida de voo rápido e de femias e machos cunha clara diferenciación por sexos, tendo os machos cores máis rechamantes ca as femias.

    1. s

      Ave anátida que mergulla só a metade do corpo á hora de alimentarse e as femias adoitan ser pardas e con pintas.

    2. pato asubión [Anas penelope]

      Pato en que o macho ten unha mancha amarelada cruzándolle a cabeza, as ás grises, o dorso máis escuro e o peito e a cabeza castaños.

    3. pato cinsento [Anas strepera]

      Pato en que o macho ten o ventre branco, bandas escuras nos lados, gris o dorso e coas patas alaranxadas.

    4. pato cullerete [Anas clypeata]

      Pato en que o macho ten a cabeza verde, os lados avermellados e o peito branco, e tanto a femia coma o macho un gran peteiro aplanado.

Palabras veciñas

patiñeira patinete patio pato -ta pato -ta pato- patofobia