pementeira

pementeira

pementa

Plural: pementeiras
  1. s f [PLANTA ]

    Rubideira, da familia das piperáceas, que presenta follas elípticas agudas e coriáceas, flores pequenas agrupadas en espiga, e froito en drupa, rico en aceites volátiles, que constitúen a pementa.

  2. pementeira falsa [PLANTA ]

    Árbore perennifolia, da familia das anacardáceas, dicoica, resinífera, que presenta follas pinnaticompostas, con folíolos lineais, flores pequenas, brancas e paniculadas, e froito rosado, semellante, na medida e no gusto, á pementa.