"Tip" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1353.

  • Larva dulciacuícola da lamprea cunha estrutura próxima ao arquetipo de vertebrado ancestral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que amortece.

    2. Dispositivo utilizado para evitar as perturbacións que se producen nas máquinas eléctricas sincrónicas por disimetrías magnéticas e eléctricas que distorsionan o campo magnético lonxitudinal.

    3. Dispositivo dun aparato de medición que evita que a agulla oscile arredor do seu punto de equilibrio.

    4. Dispositivo mecánico que reduce progresivamente ata anular  as oscilacións do sistema elástico de suspensión dun vehículo.

    5. Tipo de amortecedor cun funcionamento baseado nas correntes de Foucault.

    6. Dispositivo montado nun extremo do cegoñal dos motores de explosión para suprimir ou reducir as tensións que producen as vibracións torsionais.

    7. Solución en que o pH varía moi pouco por dilución ou por adición de cantidades moderadas de ácidos ou de bases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obxecto ao que se lle atribúe poderes sobrenaturais e máxicos, como os de protexer contra o mal de ollo, os espíritos, os meigallos, a mala sorte e todo tipo de desgrazas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos anaptomórfidos.

    2. Primate fósil da familia dos anaptomórfidos.

    3. Familia fósil, procedente do Eoceno de Europa e Norteamérica, de primates braquicéfalos da suborde dos lemuroideos, coa porción anterior das órbitas moi grandes e con dentición en parte de tipo insectívoro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reunión de dous vasos ou nervios, directamente ou mediante un terceiro.

      1. Comunicación artificial entre dous condutos orgánicos normalmente separados, con fins terapéuticos.

      2. Comunicación de tipo terminal-lateral ou lateral-lateral entre as veas porta e cava que se efectúa para derivar o sangue da porta ao corazón, evitando o fígado, para diminuír a hipertensión portal nas enfermidades cirróticas e tratar a hemorraxia das varices esfáxicas.

    2. Proceso polo que o curso dun río presenta unha serie de canles que se entrecruzan formando unha rede non xerarquizada, polo que se acaban formando ínsuas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de hipérbato, da gramática clásica, que consiste en pospoñer a preposición ao substantivo que rexe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Andalucía ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Andalucía.

    3. Dialecto do castelán.

    4. Raza bovina integrada por animais de perfil cóncavo, do tipo ibérico; desta raza é o touro de lidia.

    5. Raza de cabalos integrada por animais de perfil lixeiramente convexo, de lombo arredondado e amplo, harmoniosos de proporcións e cadenciosos de movementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Percorrer unha distancia determinada a pé.

      2. Percorrer unha distancia marcada nalgún vehículo de transporte.

      1. Ir dun lado para outro a pé.

      2. Ir dun lugar a outro empregando un medio de transporte.

    1. Mover ou trasladar un medio de transporte.

    2. Facer a función que ten encomendada.

    3. ivir nun lugar por espazo dun tempo determinado ou estando de paso.

    4. Situar nun lugar ou espazo determinados.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo falso de partenoxénese masculina. Despois da fecundación, o núcleo materno é eliminado e o embrión, haploide, desenvólvese unicamente a partir do núcleo masculino.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pequeno círculo de ouro, prata ou outros metais que se leva no dedo como adorno.

      2. Aro pequeno que serve para soster algo.

    1. Peza de ferro cuadrangular, cun gonzo que serve para subir e baixar a punta do arado e facer que se afunda máis na terra.

    2. Cada un dos segmentos que compoñen o corpo dos anélidos e o esqueleto externo dos artrópodos.

      1. Moldura que rodea os fustes das columnas.

      2. Cornixa en que se apoia a cúpula.

    3. Aro que circunda o pé dalgunhas especies de fungos.

    4. Elemento básico do recheo dunha columna. A función dos aneis é proporcionar un recheo coas características desexadas de superficie específica, perda de carga e mollabilidade

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO